Programación

Consulta a axenda completa de actividades do Castelo Conta! Lembra estar pendente das nosas redes sociais para coñecer ao minuto calquera cambio de horarios ou ubicacións…

Luns 19 de agosto

A cativada é a máis madrugadora no Castelo Conta. O festival arrinca coa Xente Miúda aprendendo con Iria do Castelo e desfrutando da natureza.

Casa Rodríguez, a taberna de Castelo, reabrirá este festival e contará nesta primeira xornada con Jorge Trigo nos fogóns e a música de Alana.

Nos contos de Castelo falaremos de cine e de fotos antigas coa axuda de Miguel de Lira e Federico Pérez, quen logo presentarán xunto con Touriñán, +Cuñados. A festa remata con Lamatumbá cun pequeno concerto na Eira de López.

Xente miúda

De 10:00 a 14:00 h · Folgueira
Vermús na taberna

Con Jorge Trigo e Alana

14:00 h · Folgueira
Contos de Castelo

Con Miguel de Lira e Federico Pérez

17:00 h · Eira de López (Castelo de Abaixo)
Seráns nas aldeas

+ Cuñados

20:30 h · Eira de López (Castelo de Abaixo)
Seráns nas aldeas

Lamatumbá

22:00 h · Eira de López (Castelo de Abaixo)

Martes 20 de agosto

O martes amencemos cun obradoiro para a cativada no que aprenderán máis sobre o coidado da natureza e tamén como contar a outra xente a súa importancia.

Os Vermús do Castelo Conta terán de convidados aos chefs da Artesa da Moza Crecha Lolo Mosteiro e Paula Domínguez e a música electrónica de Eris Mackenzie.

Os Contos de Castelo Contarán cun condutor para o que non fai falta presentación e coñeceremos o poder da palabra a través da Regueifa.

O peche poñerano Tiruleque, unha das máis importantes formacións da nosa música tradicional.

Xente miúda

De 10:00 a 14:00 h · Folgueira
Vermús na taberna

Con Lolo Mosteiro, Paula Martínez e Eris Mackenzie

14.00 h · Folgueira
Contos de Castelo

Con Xosé Ramón Gayoso

18:00 h · Vilaverde
Seráns nas aldeas

Regueifando en Castelo: festa e revolución

20:00 h · Vilaverde
Seráns nas aldeas

Tiruleque

21:30 h · Vilaverde

Mércores 21 de agosto

O mércores, a cociña é a protagonista en Castelo. Manuel Domínguez, chef do Restaurante Lúa, dará un obradoiro á Xente Miúda para que aprendan a cociñar con produtos de proximidade. Posteriormente, ofrecerá unha demostración de creación de tapas en directo na Taberna de Castelo, onde Comando Curuxás porá a música.

De gastronomía falaremos tamén coas nosas veciñas e veciños acompañados de María Meizoso nos Contos de Castelo e xa no serán, Máis saaabor! cos chefs máis estrafalarios de toda a semana: Fran Rei e Félix Rodríguez.

As nosas veciñas son as protagonistas de Mulleres de Castelo, documental que estrearemos na Eira do Ferrador, onde Maricarme pechará a xornada.

Xente miúda

De 10:00 a 14:00 h · Folgueira
Vermús na taberna

Con Manuel Domínguez e Comando Curuxás

14:00 · Folgueira
Contos de Castelo

Con María Meizoso

18:00 h · Eira do Ferrador (Xalo)
Seráns nas aldeas

Máis saaabor!

19:30 h · Eira do Ferrador (Xalo)
Seráns nas aldeas

Estrea de ‘Mulleres de Castelo’

21:00 h · Eira do Ferrador (Xalo)
Seráns nas aldeas

Maricarme

22:00 h · Eira do Ferrador (Xalo)

Xoves 22 de agosto

O xoves, é sempre unha xornada especial en Castelo. Os miúdos seguirán aprendendo sobre a natureza e poderán desfrutar de De Vilatriste a Vilalegre, que chega a Castelo a bordo da Utópica Rodante.

A hora do vermú estará da man de Damián Paris e de Lontreira. Deixarán logo paso a Marta Otero Mayán, quen conducirá os Contos de Castelo. Tone Martínez e Alba Bermúdez veñen desta volta a Castelo coa súa Muiñada.

A noite chega un dos pratos fortes do festival: Castelo Arre ou Show. Este espectáculo inédito terá lugar na Polideportiva, onde o público estará sentado en mesas e poderá gozar de distintas historias protagonizadas por David Amor, David Perdomo, Patricia Castrillón, Isabel Garrido, Manuel Cortés e Xosé A. Touriñán.

O peche poñerano Boyanka Kostova co seu flow rural. Trap de aldea, si, mais tamén universal.

Xente miúda

De 10:00 a 14:00 h · Folgueira

De Vilatriste a Vilalegre

12:00 h · Vilaverde
Vermús na taberna

Con Damián Paris e Lontreira

14:00 h · Folgueira
Contos de Castelo

Con Marta Otero Mayán

18:00 h · Folgueira
Seráns nas aldeas

Muiñada

19:30 h · Folgueira

Castelo Arre ou Show

22:00 h · Polideportiva
Música

Boyanka Kostova

00:00 | Polideportiva

Venres 23 de agosto

O venres é o día máis musical do Castelo Conta. Os miúdos rematan a súa semana coa visita do creador de contido Xurxo Carreño, estreando o traballo que fixeron durante a semana e cun xantar para coller forzas antes do concerto de Uxía Lambona e a banda molona.

O vermú estará ao cargo de Kike Piñeiro, chef da Horta do Obradoiro, quen estará acompañado pola música de crnds. Cociña de proximidade e electrónica ambiental, o plan perfecto antes de afrontar a subida ao Monte Xalo. E é que alí terán lugar os Contos de Castelo, conducidos nesta ocasión polo profesor e músico Xaime Fandiño, e a mostra de Poetry Slam na que nos achegaremos a esta disciplina da man dos mellores slammers de Galicia.

Xa na Polideportiva, os concertos do Castelo Conta traen de volta a grandes amigas como Sés, quen dará un dos poucos concertos coa súa banda este verán en Castelo, e tamén a Xabier Díaz. O Coruñés estará acompañado das Adufeiras de Salitre nesta edición. Os que chegan ao festival por vez primeira son Dios ke te crew. Os pioneiros do hip hop en Galicia fan parada en Castelo dentro da xira de conmemoración dos seus 20 anos de carreira.

E non acaba aquí a cousa, xa que logo teremos no escenario a Peter Sélek, quen traerá unha ecléctica sesión para non deixar de bailar en Castelo!

Xente miúda

De 10:00 a 14:00 h · Folgueira
Concerto infantil

Uxía Lambona e a Banda Molona

13.30 · Polideportiva
Vermús na taberna

Con Kike Piñeiro e crnds dj set

14:00 h · Folgueira
Contos de Castelo

Con Xaime Fandiño

18:00 h · Monte Xalo
Seráns nas aldeas

Castelo Conta Poetry Slam

19:30 h · Monte Xalo
Os concertos do Castelo Conta

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Sés e Dios ke te crew

22:00 h · Polideportiva

Sábado 24 de agosto

O Día Grande do Castelo Conta! Xantar, andaina, cea e a tradicional Noite de Monólogos fan deste día o máis longo e especial de todos. Unha xornada para pasar en familia e coñecer de preto as aldeas que conforman Castelo.

O día grande do Castelo Conta

Xantar, andaina e cea

de 13:00 a 21:00 h · Castelo
O día grande do Castelo Conta

A noite de monólogos do Castelo Conta

22:30 h · Polideportiva

Domingo 25 de agosto

Rematamos a semana dende ben cedo coa Alborada do San Ramón. Temos preparada unha romaría na que non faltará detalle: pulpeira, ruta e exposición de coches clásicos e sesión vermú coa Orquesta Sinfonía.

Romaría do San Ramón

de 10:00 a 19:30 h · Folgueira
X