A festa remata da mellor maneira, xuntándonos no Campo da Capela para desfrutar o día cos veciños e coa música na sesión vermú.


A festa remata da mellor maneira, xuntándonos no Campo da Capela para desfrutar o día cos veciños e coa música na sesión vermú.
A Romaría do San Ramón pon o peche ao Castelo Conta. Logo dunha semana intensa, o domingo non ía ser menos. Comezamos desde ben cedo coa tradicional Alborada pola parroquia, na que os gaiteiros van erguendo a toda a veciñanza. O San Ramón é o día da festa, así que pola mañá cediño, a Capela acolle as misas na súa honra.
Durante todo o día, haberá unha exposición de coches clásicos, pulpeira, produtos de proximidade na Taberna de Rodríguez e música na sesión vermú coa Orquesta Sintonía. Un día para pasar cos veciños, lembrar a semana e ir pensando xa na do ano que vén!