+ Cuñados

Noite de cinema coa presenza dos seus protagonistas: Miguel de Lira, Federico Pérez e Xosé A. Touriñán

LUN 19 AGO
20:00
Eira de López (Castelo de Abaixo)
De balde

Miguel de Lira, Federico Pérez e Xosé A. Touriñán presentan a segunda parte dunha das grandes comedias galegas de todos os tempos. Nesta ocasión, a familia Ribeiro está afincada en Ourense, onde os cuñados teñen un posto de polbo. Como non podía ser, non tardan en enredar unha gran aventura que ten lugar durante o entroido ourensán.

A Eira de López será unha sala de cine por un día nunha noite na que desfrutar do noso mellor humor na gran pantalla.

X