Máis saaabor!

Esta comedia dirixida por Avelino González ten gastronomía, música e moita, pero moita comedia.

MÉR 21 AGO
19:30
Eira do Ferrador (Xalo)
De balde

Máis Saaabor! mestura música en directo, maxia, humor, moito ritmo e participación do público. Despois do éxito colleitado en Castelo con Saaabor!, Félix Rodríguez e Fran Rei volven transformarse en chefs co seu gorentoso, equilibrado e, sobre todo, ben afinado menú: unha comida moi musical para toda a familia.

Nesta visita cómica ao mundo dos fogóns, achegámonos á cociña, a alimentación saudable e o consumo de produtos de proximidade dun xeito entretido e moi musical. O “food truck” de Máis Saaabor! chega ao Castelo Conta co seu menú degustación cheo de propostas dos cinco continentes que deixará a todo o público cun moi bo sabor de boca e ganas de repetir.

X