A música galega, gran protagonista do venres do Castelo Conta.





A música galega, gran protagonista do venres do Castelo Conta.
Sés estará no Castelo Conta nun dos seu poucos concertos do ano coa banda ao completo. A cantora volve ao festival para o día no que a música é a protagonista do festival. As súas mesturas de rock, blues, soul e música de raíz serán as encargadas de iniciar a gran noite do venres.
Outro bo amigo do festival, Xabier Díaz, continuará a noite acompañado das Adufeiras de Salitre. O escenario da polideportica de Castelo volverá encherse cos sons dun músico que bautizou o Castelo Conta como “a festa que lle deu a volta á festa”.
Logo é a quenda de Dios ke te crew, referentes da escena hip hop galega. O grupo de ordes chega a Castelo por primeira vez no medio da súa xira de 20º aniversario.
Peter Sélek será o encargado de que a festa non remate. Encargado de poñer música á noite compostelá -onde é dj residente na Casa das Crechas e no Vía Sacra- Peter destaca polo eclecticismo nas súas sesións.
A noite do venres, como non podía ser doutro xeito, será unha gran festa!
As entradas son de balde para as nenas e nenos menores de 14 anos.