Un referente da nosa música tradicional para pechar a xornada do martes.
Tiruleque son xa un referente logo de máis de vinte anos sobre os escenarios. Álex, Alfonso, Miguel, Serxo, José, Pablo e Fer mesturan a música galega tradicional con outros estilos musicais na procura dunha innovación e evolución do seu son.
Coa súa música, actuaron nos principais festivais de música tradicional e folk de Galicia, percorrendo a xeografía galega e estatal. A nivel internacional participou representando a Galicia no 41º e 49º Festival Intercéltico de Lorient.