Un torneo de poesía no Monte Xalo. Desta volta, en formato exhibición cos mellores “slammers” de Galicia.

Un torneo de poesía no Monte Xalo. Desta volta, en formato exhibición cos mellores “slammers” de Galicia.
O Poetry Slam, é unha competición que mestura a poesía coa interpretación. Ten influencia do teatro, o rap, a comedia en directo ou a performance. Aínda que existen varios formatos, o máis habitual é aquel no que os participantes teñen 3 minutos para presentar os seus textos empregando só o seu corpo e a súa voz e o público é quen decide o vencedor.
A diferenza doutros formatos como a regueifa ou as batallas de galos, os participantes no Slam Poetry non se enfrentan entre eles, senón que defenden a súa proposta para gañar o voto do público. Neste espectáculo de exhibición en Castelo, con Peter Brea como mestre de cerimonias, participarán Inés Mosquera, Galego de Caracas, Paula Pier, Debajo de la Palmera, Doutor Própole e Alicia Inconclusa.