Os Contos de Castelo son o lugar onde recuperar a memoria oral da parroquia. Podes escoitalos cando e onde queiras na sección ‘Ver e escoitar’.



Os Contos de Castelo son o lugar onde recuperar a memoria oral da parroquia. Podes escoitalos cando e onde queiras na sección ‘Ver e escoitar’.
As tardes son o momento idóneo para botar a lingua a pacer. Lendas, anécdotas, mitos, historias… todo ten cabida nos Contos de Castelo. Nestas xuntanzas poñemos en valor a oralidade como mecanismo de conservación da memoria.
Os Contos de Castelo continúan o seu formato radiofónico, pensado para poder escoitar en calquera momento e en calquera lugar. Federico Pérez, Miguel de Lira, María Meizoso, Xaime Fandiño, Marta Otero Mayán e Xosé Ramón Gayoso serán os condutores destas conversas nas que participará a veciñanza de Castelo e os protagonistas da programación do Castelo Conta.
As distintas aldeas de Castelo serán un estudio de radio no que recuperar vivencias, contos, historias e, así, coñecer un pouco mellor a historia do lugar e as persoas que o manteñen vivo.