A noite máis clásica do Castelo Conta!

A noite máis clásica do Castelo Conta!
A noite co que todo comezou. O Día Grande non pode entenderse sen a Noite de Monólogos do Castelo Conta.
A Polideportiva volve ser un ano máis o escenario no que Xosé A. Touriñán presentará o espectáculo de monólogos. Os convidados nesta ocasión son Carlos Blanco, Lucía Veiga, David Perdomo, Isabel Risco, Federico Pérez, Oswaldo Digón, Marita Martínez, Pepo Suevos, Patricia Castrillón e Gari Garrido. Galifunk serán os encargados de abrir a noite e acompañar os monologuistas.
A festa non remata aí, os Revenidos continuarán a noite coas súas versións e DJ Mínimo será quen peche a noite.