Elementos da nosa tradición e ritmos contemporáneos para bailar en Castelo.

Elementos da nosa tradición e ritmos contemporáneos para bailar en Castelo.
Maricarme é unha formación conformada por tres recoñecidas caras do panorama musical galego: Cibrán Seixo, Antía Ameixeiras e Migui Carballido.
Nesta proposta unen os instrumentos acústicos tradicionais con sonoridades electrónicas para crear un folk orixinal e poderoso. Maricarme viaxa desde a tradición oral ás composicións propias e ten unha posta en escena orientada ao baile.