Lamatumbá tomará Castelo de Abaixo.
Os ourensáns volven a Castelo logo de encher o ano pasado a polideportiva cos seus grandes himnos e unha enerxía difícil de superar.
Nesta ocasión, serán os encargados de abrir a programación musical do IX Castelo Conta, cun pequeno concerto na Eira de López, un dos escenarios máis icónicos do festival. Aínda non pasou un ano pero… xa nos tardaba!