De Vilatristre a Vilalegre

Chega a Castelo un dos espectáculos cos que o Centro Dramático Galego celebra os seus 40 anos.

Xoves 22 AGOsto
12.00
Vilaverde
De balde

Nos arredores de Vilatriste hai unha lagoa da que emana unha néboa misteriosa que impregna o aire cunha estraña tristeza. Uns novos moradores descobren que se beben das súas augas adquiren un superpoder que os dota de capacidades extraordinarias. Pero as xentes de Vilatriste ignoran todos estes efectos. Cando estes forasteiros tentan compartir o seu achado atópanse de fronte coa desconfianza e rexeitamento dos veciños.

A morte do alcalde vello e a chegada do novo traen consigo toda unha serie de transformacións cunhas escuras intencións. Trepas é o alcume dun novo habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar a vila das fauces dun malvado dirixente. Axudado por unha singular superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero… funcionará?

Este espectáculo, interpretado por Sofía Espiñeira e Roberto Casal chegará a castelo a bordo da Utópica Rodante.

X