O sábado 24 é o Día Grande do Castelo Conta! Temos unha proposta para botar un día inolvidable en Castelo.
Comezamos cun xantar popular, amenizado por DJ Mínimo, no que coller forzas para o resto do día. Pola tarde, os Viqueiras e a charanga Mil9 acompañarán a tradicional andaina polas aldeas da parroquia. Celso Sanmartín e Marita Martínez actuarán en diferentes puntos do percorrido.
A cea espera no campo da festa e, posteriormente, a polideportiva é o escenario no que se desenvolverá a noite de monólogos conducida por Xosé A. Touriñán (entradas xa esgotadas).