Casa Rodríguez reabre as súas portas para ser o centro da actividade nos mediodías do Castelo Conta.

Casa Rodríguez reabre as súas portas para ser o centro da actividade nos mediodías do Castelo Conta.
Casa Rodríguez foi durante moitos anos o centro neurálxico de Castelo. Alí, xuntábase a veciñanza para conversar, poñerse ao día e mercar produtos frescos e de primeira necesidade. Este ano, a taberna reabre durante a semana do Castelo Conta para recuperar esa esencia.
Aos mediodías, Casa Rodríguez será o centro de reunión e contaremos cunha programación específica para estes “vermús” nos que a oralidade, a música e a gastronomía serán os protagonistas. Contaremos con grandes chefs galegos que prepararán petiscos en directo con produtos galegos de calidade que poderán ser adquiridos na taberna de Castelo, que recuperará así a súa función de “ultramarinos” durante o Castelo Conta.
Como nun vermú non pode faltar a música, cada día contaremos cun grupo que ofrecerá un concerto en Folgueira. Que mellor plan para desfrutar dos mediodías do Castelo Conta?